Etiquetas

28 de xaneiro de 2014

Incorporar usuario e contrasinal na url dunha páxina

Aínda que non é un sistema moi seguro de acceder a un servizo, indicar o usuario e o contrasinal na url, sí nalgún momento pode ser de utilidade (por exemplo, para crear algún script automatizado) o indicar o usuario e a contrasinal dun sitio web para poder acceder directamente:

O formato é o seguinte:


http://usuario:contrasinal@url

por exemplo, si quero correr o ficheiro CRON.php do meu servidor moodle, podería facer o seguinte:


http://admin:Abc123.-.@192.168.0.14/moodle/admin/cron.php


Por exemplo, imaxinamos que queremos executar o cron.php cada 5 minutos do noso servidor de Moodle, para que funcionen correctamente os correos dos foros. Por exemplo, desde o servidor Windows da miña rede, que está sempre prendido, podería crear un ficheiro .bat, que conteña o seguinte:

start http://admin:Abc123.-.@192.168.0.14/moodle/admin/cron.php

e programar unha tarefa que se execute cada 5 minutos.

9 de outubro de 2013

Instalar Moodle en Ubuntu server

Infraestrutura de partida

Este suposto se presenta nunha máquina virtual (que corre en VirtualBox) na que está instalado Ubuntu Server 12.09 e que forma parte dunha rede de área local. 

O servidor ten instalado o servicio LAMP (Apache, Mysql, Perl, Php5 e Python)


Pasos previos a Instalación de Moodle (neste caso Moodle 2.5.2)

Como Ubuntu server non dispón de entorno gráfico, imos descargar o paquete Moodle empregando o comando wget.


1) Descargar paquete Moodle desde a Web oficial

     wget http://download.moodle.org/download.php/direct/stable25/moodle-2.5.2.tgz

a versión de moodle que estamos a baixar é a última estable neste momento (outubro 2013), pero si quixeramos descargar outra versión simplemente habería que cambiar stable25, polo número de versión que quieramos baixar, e moodle-2.5.2.tgz, habería que sustituir os números da versión polos da que queiramos descargar.




2) Descomprimir o ficheiro .tgz no directorio onde estea localizado o servidor Web, no noso caso que instalamo o paquete LAMP, o servidor Web está localizado en /var/www


sudo tar xzvf moodle-2.5.2.tgz -C /var/www


3) Crear o directorio /var/moodledata, este directorio será onde se garde a información dos cursos virtuais. E poñer como propietario dese directorio ao usuario www-data, que será o que emprege moodle durante o proceso de instalación.


sudo mkdir /var/moodledata
sudo chown www-data /var/moodledata


4) Creamos a base de datos que se empregará na instalación de moodle, a creación da base de datos farase en 3 pasos:


  • Crear a Base de datos (Poderíamos crear antes un usuario para esa BD)
Conectarse ao xestor de BD Mysql:  sudo mysql -u root -p



Emprégase a extensión utf8_unicode_ci como xogo de caracteres para crear a base de datos, porque aínda que esta extenxión é máis lenta que a utf8_general_ci, é máis adecuada para representar caracteres das diferentes linguaxes.

  • Darlle privilexios ao usuario que queiramos xestione a base de datos, no noso caso imos facelo co usuario root, o nome que lle imos dar a base de datos é moodlebd, pero cada quen pode escoller o nome que queira para a súa base de datos.



  • Comprobar que co usuario podemos acceder á BD. No noso caso dbuser, será o usuario root, e dbname moodlebd, que é o nome que lle demos a base de datos.
sudo mysql -u dbuser -p
mysql> use dbname;     




5) Darlle permisos ao usuario www-data sobre o directorio /var/www/moodle, xa que o usuario www-data será o que empregue o instalador de moodle no proceso de instalación
 (** Importante que unha vez rematada a instalación cambiemos estos permisos)
sudo chown www-data /var/www/moodle

6) Para poder instalar o Moodle 2.5.2, é necesario que o equipo servidor teña instaladas unha serie de extensións de php, que son as seguintes:

  • php5-curl: úsase para comunicar distintos servidores e protocolos Web como http, https, ftp, gopher, telnet, dict,file e ldap.
  • php5-gd: permite crear e modificar ficheiros de imaxen.
  • php5-xmlrpc: conxunto de funcións que permite escribir servidores e clientes xml-rpc.
  • php5-intl: é unha extensión de internacionalización que permite o formateo de data, hora, número e moedas seguindo o formado da API de ICU.
sudo apt-get install php5-curl php5-gd php5-xmlrpc php5-intl
Unha vez realizada a instalación procedemos a reiniciar o servidor Web.
sudo /etc/init.d/apache2 restart

Instalando Moodle

Accedemos a calquera navegador dun equipo da rede local que teña acceso ao equipo servidor, e tecleamos http://direccion-ip-servidor/moodle.

No noso caso accedemos á Web  http://192.168.0.14/moodle, xa que o equipo con Ip 192.168.0.14 é o que ten instalado o servidor LAMP.




No proceso de instalación de moodle, imos configurando o servizo a través de diferentes páxinas, a continuación explícase os pasos para instalar Moodle 2.5.2:

  • Seleccion de idioma 
Seleccionamos o idioma e pulsamos seguinte.

  • Confirmar as rutas onde se vai instalar Moodle (/var/www/moodle), e onde se atopa o directorio no que se almacenarán os datos (no noso caso /var/moodledata)

  • Seleccionamos o controlador de BD, no noso caso MYSQL:



  • Axustamos os parámetros da base de datos, nome, usuario:



  • Aceptamos os termos e condicións de uso de Moodle:



  • Indícanos que se cumpren os requisitos mínimos para instalar Moodle. (Na imaxe presentanos  a versión mínima coa que debe traballar moodle 2.5.2, e a que neste momento temos instalada no servidor LAMP, en cuanto ás versións de php5 e mysql)



  • Inicia a instalación e configuramos a información do usuario administrador (admin), Ollo!! O contrasinal debe ter mínimo 8 caracteres e conter unha maiúscula (por exemplo, no noso caso empregamos Abc123.-.)





  • Realizamos a configuración do sitio. Nome do noso servizo de aulas virtuais e unha descripción do mesmo.



  • NORABOA!!!: Xa temos a plataforma Moodle instalada no servidor




Fontes empregadas:

http://www.syndrega.ch/?p=38

27 de agosto de 2013

Instalar impresora pdf en Debian Wheezy: Cups-pdf

O sistema de impresión CUPS (Common Unix Printer System) permite xestionar impresoras PDF en Linux. 
Pódese ver cómo instalar CUPS na seguinte entrada do blogue.

Unha vez instalado o sistema CUPS, ao que accedemos vía web a través de http://localhost:631, debemos instalar o paquete cups-pdf.

CONFIGURAR IMPRESORA PDF


1) Instalar paquete cups-pdf

sudo apt-get install cups-pdf

2) Reiniciar o servidor cupsd

sudo /etc/init.d/cups restart

3) Entrar no servizo de impresión CUPS vía Web, a través do navegador:

http://localhost:631

4) Procedemos a instalar a impresora. Imos á pestaña Administración e pulsamos no botón Añadir Impresora. (Ao acceder solicitará o usuario root, e o contrasinal que lle teñas asignado a tal usuario)

Aparecerá unha pantalla onde aparece a Impresora Virtual de PDF (Virtual PDF Printer), seleccionamos esta impresora e pulsamos en Seguinte.



5) Dámoslle nome á impresora:




6) Nos tipos de impresora seleccionamos a marca GENERIC. E a continuación seleccionamos os drivers. Generic Postcript Printer, e a continuación pulsamos sobre  o botón AÑADIR IMPRESORA.




E xa está a impresora instalada, agora xa podes configurala. Para ver as impresoras instaladas imos dentro da páxina Web de CUPS á pestaña IMPRESORAS.


RUTA ONDE GARDA OS ARQUIVOS PDF


Por defecto a ruta onde garda os arquivos PDF é  /home/nome_usuario/PDF.

Si queremos cambiar a ruta onde garda os arquivos por defecto temos que modificar o ficheiro de configuración  /etc/cups/cups.conf.

1) Abrimos o arquivo /etc/cups/cups.conf para poder modificalo

sudo nano /etc/cups/cups-pdf.conf

2) Por defecto está configurado en  (${HOME}/PDF) onde ${HOME} se refire a o directorio home do usuario que está conectado nese momento, por exemplo no meu caso sería /home/cris/PDF

Na seguinte imaxe podemos ver a configuración por defecto do ficheiro cups-pdf.conf



Si queremos configurar outro directorio por defecto, comentaríamos a liña Out ${HOME}/PDF e indicaríamos unha nova liña onde poñamos o idrectorio que queremos por defecto, por exemplo, no meu caso, si quero configurar o directorio /media/DATOS/pdf, tería que modificar o ficheiro do seguinte xeito:







26 de agosto de 2013

Instalar unha impresora de rede en Debian Wheezy: CUPS

Para instalar unha impresora en Debian Wheezy o primeiro que hai que facer é instalar CUPS (Common Unix Printer System)- CUPS emprega o Internet Printing Protocol (ipp):


# aptitude install cups

Ao instalar CUPS instálase un servizo Web, que traballa no porto 631, desde onde podemos administrar as  impresoras, para poder acceder ao mesmo tecleamos no navegador: 

http://localhost:631 

Para configurar a impresora nova, imos á pestaña ADMINISTRACIÓN, e pulsamos no botón AÑADIR IMPRESORA

(Importante: ter encendida a impresora antes de engadila, deste xeito pode detectala directamente)


Se a detecta directamente:


1) No meu caso detectou directamente a impresora Epson Stylus Sx420, así que premo sobre o botón Seguinte. 



2) Indico o nome da impresora e se quero compartila



3) Seleccionar o modelo e o fabricante para que instale o driver, e pulsar sobre o botón AÑADIR IMPRESORA, e a impresora xa está instalada.

4) Podemos acceder á cofiguración da impresora na pestaña IMPRESORAS.


(Agosto 2013)






9 de xullo de 2013

Debian 7.0 Wheezy: Instalar Virtual Box


Á hora de instalar VirtualBox podemos instalar 2 partes:


  1. Paquete básico con todos os compoñentes do VirtualBox
  2.  
  3. O Oracle VM VirtualBox Extension Pack, que permite ampliar as funcionalidades de VirtualBox (obter acceso aos portos USB, configurar o USB 2.0, etcétera)
Despois en cada máquina virtual é imprescindible instalar os "drivers" de virtualBox ou "VirtualBox Guest Additions", que permiten mellorar a eficiencia da máquina virtual e permiten compartir escritorio e portapapeis coa máquina anfitrión.


1.- Instalar o paquete básico de Oracle VirtualBox en Debian 7.0 Wheezy

O primeiro que temos que facer é engadir o repositorio para poder descargar Virtual Box: 


  • Accedemos a:

    #nano /etc/apt/sources.list
  •  
  • Ao final engadimos o seguinte repositorio:

  • deb http://download.virtualbox.org/virtualbox/debian wheezy contrib
     
  • Escribimos o seguinte código para descargar o paquete de VirtualBox 4.2:

  • wget -q http://download.virtualbox.org/virtualbox/debian/oracle_vbox.asc -O- | sudo apt-key add -

  • Actualizamos a lista de paquetes:

  • aptitude update

  • Procedemos a instalar o paquete VirtualBox 4.2:

  • aptitude install virtualbox-4.2

2. Instalar VirtualBox 4.2.12 Oracle VM VirtualBox Extension Pack

É importante que a versión que se instale de Extension Pack sexa a mesma que a de VirtualBox que temos instalada.


  • En primeiro lugar imos descargar desde o repositorio de VirtualBox o Extension Pack:

  • wget -c http://download.virtualbox.org/virtualbox/4.2.12/Oracle_VM_VirtualBox_Extension_Pack-4.2.12-84980.vbox-extpack


  • Accedemos á carpeta onde se descargou o pack, e pulsamos doble clic sobre o mesmo para instalar. Seguimos os pasos indicados no proceso de instalación.

2.1. Engadir o noso usuario ao grupo vboxusers

Para poder empregar os dispositivos USB, temos que engadir o noso usuario (@whoami, para saber cal é o noso usuario)ao grupo vboxusers.


  • Desde a consola escribimos: 
  • #adduser teu_usuario vboxusers

E xa estamos preparados para empregar VirtualBox e comezar a Virtualizar

4 de xuño de 2013

Blogues de plástica

Neste artigo me gustaría facer un pequeno resumen dalgún blogue de PLÁSTICA interesante.

En primeiro lugar, me gustaría destacar o blogue dunha compañeira de Vigo, Sara , que traballa no Colexio San José de la Guía.  Ela traballa o blogue para mostrar contidos teóricos que traballa na aula, vídeos ilustrativos de traballos que despois o alumnado fai de forma manual, e tamén expón algún dos traballos realizados polo alumnado. Penso que os materiais son moi interesantes. O seu blogue é: http://vaideplastica.wordpress.com/

Creei este Symbaloo onde enlazo diferentes blogues de plástica doutros profes e centros:
  • http://www.symbaloo.com/mix/plastica25
  • A forma de interpretalo:
    • Os iconos LARANXAS: blogues que considero interesantes.
    • Iconos AMARILLOS: blogues que se empregan para mostrar traballos do alumnado.
    • Iconos ROSAS: blogues de plástica, que teñen un pouco de todo, e que están ben.
En concreto me gustaría destacar os seguintes blogues que me chamaron a atención:
  • Expresión plástica: http://nataliaplastica.blogspot.com.es/p/actividades-tic_11.html 
    • Neste blogue poden verse diferentes alternativas de traballar a plástica e as TIC, os rapaces compoñen videos traballando STOP MOTION, crean animacións en 3D co programa BRYCE. Ao mellor é un pouco avanzado, pero é interesante para ver posibilidades de traballo. 
    • Tamén está ben a parte que ten de plástica manual, e a presentación dos traballos que fai. Este podería ser un primeiro paso no voso cole, sacar fotos dos traballos, e subilos a Web (ou ben do cole) ou crear un blogue. (http://nataliaplastica.blogspot.com.es/p/inicio.html)
  • El taller de dibujo: http://eltallerdedibujo.blogspot.com.es/  Neste blogue vense traballos realizados coas TIC e sin TIC. En relación coas TIC se ven varias montaxes realizadas con editores gráficos (supoño que Gimp). Penso que para ter unha idea de posibilidades está ben.
A verdade é que hai moitas cousas, pero penso que para ver posibles actividades para traballar na aula de plástica este é un bo inicio.


14 de maio de 2013

Crear carpeta PUBLIC nas novas contas de Dropbox

Desde máis ou menos finais do 2012, as contas que se crean en Dropbox non traen por defecto a carpeta PUBLIC, que era unha carpeta pública, e que nos servía para almacenar contidos que despois queremos insertar noutros contedores (páxina web, aula virtual, blogue, ...).

Pois ben, para crear unha carpeta PUBLIC nestas novas contas soamente hai que pinchar no seguinte enlace:



https://www.dropbox.com/enable_public_folder, e autenticarse co usuario da conta onde queirades crear a carpeta pública.