Etiquetas

3 de outubro de 2017

Configurar SUDO en Debian

Cando se instala Debian na instalación créanse dous usuarios:

1) Usuario root, do que nos pide unha contrasinal
2) O usuario que se crea durante a instalación e que non ten privilexios de root

Os usuario de Linux que adoitan empregar Ubuntu, están acostumbrados a que o usuario que se crea durante a instalación de Ubuntu teña permisos de root cando se executan as orden co comando sudo diante.

Un exemplo:

- En debian para instalar un paquete.
   1) Temos que entrar como usuario root
         $su
           password:
     
   2) Unha vez que xa estamos como superusuarios podemos instalar:
       
    #apt-get install <nome-paquete>

- En Ubuntu poderías instalar directamente os paquetes  executando a orde co comando sudo diante
         
        $sudo apt-get install <nome-paquete>

Para aqueles usuarios que están acostumados a empregar Ubuntu e o comando sudo. En Debian deben:

1)Instalar o paquete sudo


apt-get install sudo

2) Unha vez instalado aparece o ficheiro /etc/sudoers, onde aparecen os usuarios que teñen privilexios de superusuario.



3) Engadir ao ficheiro /etc/sudoers o noso usuario con privilexios de root, debaixo da liña onde aparece o root engadimos o noso usuario.


nosousuario    ALL=(ALL:ALL) ALL




Agora xa podemos executar co noso usuario comandos que só pode empregar o root poñendo diante o comando sudo.