Etiquetas

3 de outubro de 2017

Configurar menú clásico Gnome dentro do entorno Unity

Si estás a utilizar o entorno Unity pero ademais queres seguir a utilizar o menú clásico de Programas, onde se clasifican os programas que tes instalador podes instalar o módulo Classic Menu Indicator.

1) Engado o repositorio onde se atopa este módulo, sempre con permisos de superusuario:

add-apt-repository ppa:diesch/testing

2) Actualiza agora os paquetes do teu sistema (como superusuario):

apt-get update

3) Agora toca instalar o paquete classicmenu-indicator

apt-get install classicmenu-indicator

Xa dispós no teu escritorio do menú Clásico de Gnome:


Si queres configurar as aplicacións que aparecen neste menú, podes facelo cos programas Alacarte, MenuLibre ou similares. 

Si instalamos Alacarte: apt-get install alacarte

Despois executamos con CTRL+F2 "alacarte" ou no menú Herramientas del Sistema->Preferencias->Menu Principal, e desde a interface que nos da podemos configurar que elementos mostrar no menú clásico.