Etiquetas

14 de decembro de 2014

Editor de ficheiros PDF para Linux Debian: Master PDF Editor

Para editar ficheiros pdf, engadir texto, imaxes, figuras, insertar enlaces, código html, e introducir casillas de formularios como botóns de seleción, botóns, listas despregables, etcétera, temos a aplicación Master PDF Editor.


Dentro das súas funcionalidades pódese destacar tamén (pódense ver as funcionalidades na imaxe)

  • permite modificar, cifrar, firmar e imprimir ficheiros PDF e ficheiros XPS
  • permite insertar páxinas doutros ficheiros pdf
  • insertar páxinas en blanco
  • borrar páxinas
  • mover páxinas
  • extraer páxinas a outros ficheiros pdf
  • ...



  • permite exportar as páxinas PDF como arquivos PNG, JPG, TIFF e BMP.

Funciona moi ben en Debian Wheezy e instálase dun xeito moi sinxelo.

INSTALACIÓN

Pasos para instalalo:

1) Acceder á web de Master PDF Editor e descargar o ficheiro .DEB. Si o teu sistema operativo é de 32 bits, descarga a versión de 32 bits e si é de 64 bits a versión de 64 bits.
Para consultar desde o terminal a versión de SO que tes teclea:

       $uname -a 

2) Na consola escribimos:

       $sudo dpkg -i  [nome-do-paquete]

    No meu caso, que o sistema operativo é de 64 bits escribo:




E xa está, xa podemos facer uso do mesmo. 

Nas últimas versións de SO Debian pode dar algún erro de instalación porque ten varias dependencias que non están instaladas. Para poder instalar as dependencias podemos executar:
   
    # apt  --fix-broken install
    
Outros sistemas operativos:

Hai disponibles paquetes .RPM ademáis dos .DEB.