Etiquetas

14 de decembro de 2014

Editor de ficheiros PDF para Linux Debian: Master PDF Editor

Para editar ficheiros pdf, engadir texto, imaxes, figuras, insertar enlaces, código html, e introducir casillas de formularios como botóns de seleción, botóns, listas despregables, etcétera, temos a aplicación Master PDF Editor.


Dentro das súas funcionalidades pódese destacar tamén (pódense ver as funcionalidades na imaxe)

  • permite modificar, cifrar, firmar e imprimir ficheiros PDF e ficheiros XPS
  • permite insertar páxinas doutros ficheiros pdf
  • insertar páxinas en blanco
  • borrar páxinas
  • mover páxinas
  • extraer páxinas a outros ficheiros pdf
  • ...



  • permite exportar as páxinas PDF como arquivos PNG, JPG, TIFF e BMP.

Funciona moi ben en Debian Wheezy e instálase dun xeito moi sinxelo.

INSTALACIÓN

Pasos para instalalo:

1) Acceder á web de Master PDF Editor e descargar o ficheiro .DEB. Si o teu sistema operativo é de 32 bits, descarga a versión de 32 bits e si é de 64 bits a versión de 64 bits.

2) Na consola escribimos:

       sudo dpkg -i  [nome-do-paquete]

    No meu caso, que o sistema operativo é de 64 bits escribo:



E xa está, xa podemos facer uso do mesmo. Accedemos a él dende Aplicaciones->Oficina->Master PDF Editor.

Outros sistemas operativos:

Hai disponibles paquetes .RPM ademáis dos .DEB.