Etiquetas

28 de xaneiro de 2014

Instalar servidor LAMP


Pasos previos a instalar o LMS (Learning Management System) Moodle sobre Ubuntu Server. Moodle traballa a través da Web, así que se necesita:
  • Ter instalado un servidor Web (por exemplo, Apache)
  • Ao instalar o paquete Moodle créase unha base de datos en MySql, así que é necesario instalar o xestor de base de datos MYSQL
  • Está implementado en PHP, así que hay que instalar PHP5 na máquina.
Para facer estas instalacións pódese elexir diferentes opcións:
  1. Instalar por separado o servidor Web Apache, o PHP5 e o servidor de Mysql. (O servidor instálase en /var/www)
  2. Instalar o paquete LAMP (Linux, Apache, Mysql, Php5 , Perl e Python). LAMP pódese instalar directamente a través do xestor de paquetes Synaptic.(O servidor instálase en /var/www)
    1. Si o que estás instalando é o sistema operativo desde cero, si empregas Ubuntu 12.04 durante a instalación xa che mostra a posibilidade de instalar entre outros o servidor LAMP.
  3. Instalar o paquete XAMPP (X- Servidor independente de plataforma, Apache, MySql, Php5 e Perl). Xamp hai que descargalo e instalalo. Por defecto, instálase na dirección /opt/lamp
Escollamos a opción que escollamos, é interesante instalar tamén o paquete PhpMyAdmin, para administrar e xestionar a base de datos desde un entorno gráfico e web.


Documentos de referencia: