# aptitude install cups
Ao instalar CUPS instálase un servizo Web, que traballa no porto 631, desde onde podemos administrar as impresoras, para poder acceder ao mesmo tecleamos no navegador:
http://localhost:631
Para configurar a impresora nova, imos á pestaña ADMINISTRACIÓN, e pulsamos no botón AÑADIR IMPRESORA.
(Importante: ter encendida a impresora antes de engadila, deste xeito pode detectala directamente)
Se a detecta directamente:
1) No meu caso detectou directamente a impresora Epson Stylus Sx420, así que premo sobre o botón Seguinte.
2) Indico o nome da impresora e se quero compartila
3) Seleccionar o modelo e o fabricante para que instale o driver, e pulsar sobre o botón AÑADIR IMPRESORA, e a impresora xa está instalada.
4) Podemos acceder á cofiguración da impresora na pestaña IMPRESORAS.
(Agosto 2013)