Á hora de instalar VirtualBox podemos instalar 2 partes:
- Paquete básico con todos os compoñentes do VirtualBox
- O Oracle VM VirtualBox Extension Pack, que permite ampliar as funcionalidades de VirtualBox (obter acceso aos portos USB, configurar o USB 2.0, etcétera)
1.- Instalar o paquete básico de Oracle VirtualBox en Debian 7.0 Wheezy
O primeiro que temos que facer é engadir o repositorio para poder descargar Virtual Box:
- Accedemos a:
#nano /etc/apt/sources.list
- Ao final engadimos o seguinte repositorio:
deb http://download.virtualbox.org/virtualbox/debian wheezy contrib
- Escribimos o seguinte código para descargar o paquete de VirtualBox 4.2:
- Actualizamos a lista de paquetes:
- Procedemos a instalar o paquete VirtualBox 4.2:
wget -q http://download.virtualbox.org/virtualbox/debian/oracle_vbox.asc -O- | sudo apt-key add -
aptitude update
aptitude install virtualbox-4.2
2. Instalar VirtualBox 4.2.12 Oracle VM VirtualBox Extension Pack
É importante que a versión que se instale de Extension Pack sexa a mesma que a de VirtualBox que temos instalada.- En primeiro lugar imos descargar desde o repositorio de VirtualBox o Extension Pack:
- Accedemos á carpeta onde se descargou o pack, e pulsamos doble clic sobre o mesmo para instalar. Seguimos os pasos indicados no proceso de instalación.
wget -c http://download.virtualbox.org/virtualbox/4.2.12/Oracle_VM_VirtualBox_Extension_Pack-4.2.12-84980.vbox-extpack
2.1. Engadir o noso usuario ao grupo vboxusers
Para poder empregar os dispositivos USB, temos que engadir o noso usuario (@whoami
, para saber cal é o noso usuario)ao grupo vboxusers.- Desde a consola escribimos:
#adduser teu_usuario vboxusers