Infraestrutura de partida
Este suposto se presenta nunha máquina virtual (que corre en VirtualBox) na que está instalado Ubuntu Server 12.09 e que forma parte dunha rede de área local.O servidor ten instalado o servicio LAMP (Apache, Mysql, Perl, Php5 e Python)
Pasos previos a Instalación de Moodle (neste caso Moodle 2.5.2)
Como Ubuntu server non dispón de entorno gráfico, imos descargar o paquete Moodle empregando o comando wget.1) Descargar paquete Moodle desde a Web oficial
wget http://download.moodle.org/download.php/direct/stable25/moodle-2.5.2.tgz
a versión de moodle que estamos a baixar é a última estable neste momento (outubro 2013), pero si quixeramos descargar outra versión simplemente habería que cambiar stable25, polo número de versión que quieramos baixar, e moodle-2.5.2.tgz, habería que sustituir os números da versión polos da que queiramos descargar.

2) Descomprimir o ficheiro .tgz no directorio onde estea localizado o servidor Web, no noso caso que instalamo o paquete LAMP, o servidor Web está localizado en /var/www
sudo tar xzvf moodle-2.5.2.tgz -C /var/www
3) Crear o directorio /var/moodledata, este directorio será onde se garde a información dos cursos virtuais. E poñer como propietario dese directorio ao usuario www-data, que será o que emprege moodle durante o proceso de instalación.
sudo mkdir /var/moodledata
sudo chown www-data /var/moodledata
4) Creamos a base de datos que se empregará na instalación de moodle, a creación da base de datos farase en 3 pasos:
- Crear a Base de datos (Poderíamos crear antes un usuario para esa BD)
Emprégase a extensión utf8_unicode_ci como xogo de caracteres para crear a base de datos, porque aínda que esta extenxión é máis lenta que a utf8_general_ci, é máis adecuada para representar caracteres das diferentes linguaxes.
- Darlle privilexios ao usuario que queiramos xestione a base de datos, no noso caso imos facelo co usuario root, o nome que lle imos dar a base de datos é moodlebd, pero cada quen pode escoller o nome que queira para a súa base de datos.
- Comprobar que co usuario podemos acceder á BD. No noso caso dbuser, será o usuario root, e dbname moodlebd, que é o nome que lle demos a base de datos.
sudo mysql -u dbuser -p
mysql> use dbname;
5) Darlle permisos ao usuario www-data sobre o directorio /var/www/moodle, xa que o usuario www-data será o que empregue o instalador de moodle no proceso de instalación
(** Importante que unha vez rematada a instalación cambiemos estos permisos)
sudo chown www-data /var/www/moodle
6) Para poder instalar o Moodle 2.5.2, é necesario que o equipo servidor teña instaladas unha serie de extensións de php, que son as seguintes:
- php5-curl: úsase para comunicar distintos servidores e protocolos Web como http, https, ftp, gopher, telnet, dict,file e ldap.
- php5-gd: permite crear e modificar ficheiros de imaxen.
- php5-xmlrpc: conxunto de funcións que permite escribir servidores e clientes xml-rpc.
- php5-intl: é unha extensión de internacionalización que permite o formateo de data, hora, número e moedas seguindo o formado da API de ICU.
sudo apt-get install php5-curl php5-gd php5-xmlrpc php5-intlUnha vez realizada a instalación procedemos a reiniciar o servidor Web.
sudo /etc/init.d/apache2 restart
Instalando Moodle
Accedemos a calquera navegador dun equipo da rede local que teña acceso ao equipo servidor, e tecleamos http://direccion-ip-servidor/moodle.No noso caso accedemos á Web http://192.168.0.14/moodle, xa que o equipo con Ip 192.168.0.14 é o que ten instalado o servidor LAMP.
No proceso de instalación de moodle, imos configurando o servizo a través de diferentes páxinas, a continuación explícase os pasos para instalar Moodle 2.5.2:
- Seleccion de idioma
Seleccionamos o idioma e pulsamos seguinte.
- Confirmar as rutas onde se vai instalar Moodle (/var/www/moodle), e onde se atopa o directorio no que se almacenarán os datos (no noso caso /var/moodledata)

- Seleccionamos o controlador de BD, no noso caso MYSQL:
- Axustamos os parámetros da base de datos, nome, usuario:
- Aceptamos os termos e condicións de uso de Moodle:
- Indícanos que se cumpren os requisitos mínimos para instalar Moodle. (Na imaxe presentanos a versión mínima coa que debe traballar moodle 2.5.2, e a que neste momento temos instalada no servidor LAMP, en cuanto ás versións de php5 e mysql)
- Inicia a instalación e configuramos a información do usuario administrador (admin), Ollo!! O contrasinal debe ter mínimo 8 caracteres e conter unha maiúscula (por exemplo, no noso caso empregamos Abc123.-.)
- Realizamos a configuración do sitio. Nome do noso servizo de aulas virtuais e unha descripción do mesmo.
- NORABOA!!!: Xa temos a plataforma Moodle instalada no servidor
Fontes empregadas:
http://www.syndrega.ch/?p=38